5/1/11

Cabana de sofá

Acórdome de facer seguido unha cabana desmontando as almofadas do sofá. Foi o mellor refuxio que tivemos.

2 comentarios:

zeltia dijo...

vostede e máis quen?

[o meu fillo, de rapaciño, tamén facía cabanas coas almofadas do sofá... enterneceume ese recordo seu]

isaura dijo...

Eu, a miña irmá e a nosa veciña Lucía. Anos despois, miña irmá foi ao piso alugado dun amigo e alí atopou aquel noso primeiro sofá, o adorado refuxio. Resulta que miña mai llo regalara á dona do piso.
Qué forma temos de querer os
humanos a algúns obxectos.

Zeltia, moi agradecida polas túas visitas! Unha aperta.