14/6/10

Posto de venda

Acórdome de poñer un posto deses de caixa de cartón para vender as nosas cousiñas, libros, cousas para o pelo, chorradas. Só duramos unha hora ou dúas, polo noso barrio non pasaba nindiós. Queríamos ser como os pícaros da praza maior, pero non dábamos para tanto.

1 comentario:

abm dijo...

Eu nunca o puxen, pero as miñas veciñas de rúa sempre o poñían. O noso portal era o mellor daquela, pois tiña escalón.