2/3/09

El algodón...

Acórdome de "El algodón no engaña", que fixo espertar a miña limpiadora interior e dinlle con algodón enchoupado con alcohol a todo o que pillei por diante na casa, amosándolle os resultados á miña irmá. Estraguei unha foto que virou vermella ao contacto co alcohol.

2 comentarios:

limonconmel dijo...

ten conta cando limpes co esa enerxia de non rachas ua uñas.precisaralas

aqueloutra dijo...

acórdome daquela foto, aparecías vestida de bailarina, cun maillot negro e un tutu azul claro. no pelo, un moño repelado, asegurado cunha daquelas redes minúsculas e delicadas que pretendían a uniformidade da forma. estaba nun marco prateado, derriba dunha cómoda, naquela habitación de invitados que logo foi a túa