30/7/08

Películas

Acórdome de cando fun ao cine a ver "Momo" e uns anos despois "Gorilas en la niebla".

2 comentarios:

s.j. dijo...

e eu Rayman, que a repuxeron hoxe na galega, e El libro de la selva (a primeira de todas).

Xur dijo...

Lembro que a primeira película que eu vin no cine foi Blancanieves y los Siete Enanitos. Leváronme unha miña tía e mailo, daquela, seu noivo. Fumos os tres montados nunha vella Lambretta. El, pilotando; ela, sentada atrás, coas dúas pernas cara un lado e o consabido pano da cabeza a protexer o penteado; eu, ben teso sobre a plataforma dianteira catando o vento e desfrutando coma un anano da viaxe.
Hoxe, os tres, semellaríamos fuxidos dalgunha desas comedias italianas ou españolas en branco e negro.